Mar de Groenlandia - Wikipedia, a enciclopedia libre
Xeografía. O mar de Groenlandia está limitado ao oeste pola illa de Groenlandia, e ao sur polo estreito de Dinamarca e Islandia; ao sueste, detrás da illa Jan Mayen, atópase a vasta extensión do mar de Noruega, do que ás veces o mar de Groenlandia se considera unha extensión.A través do estreito de Fram, ao nordeste, o mar está delimitado polo arquipélago das illas Svalbard.